martes, 5 de diciembre de 2006

PROXECTO BUGUINA

O proxecto BUGUINA nace da necesidade de sensibilizar á comunidade escolar dun centro educativo no tema da contaminación acústica, unha seria amenaza para a nosa saúde e para a nosa calidade de vida. A contaminación acústica resulta curiosamente "silenciosa", non somos conscientes do mal que nos está provocando.
Desde a escola, pretendemos fomentar nos alumnos os hábitos axeitados para loitar contra esta lacra.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Tamén é moi importante o feito de facer un mapa sonoro que nos axude a buscar e reboscar, a aprender a escoitar o que está a pasar ao noso arredor cos sons do mundo.
Supoño que este tipo de prácticas pode contribuír á escoita diferente do mundo que nos rodea, e a apreciar a beleza dos diferentes sons, así como a capacidade de escoitar e coidar os nosos sentidos.
Hai xa algún proxecto neste sentido que está colgado nesta páxina: http://www.escoitar.org
Un saúdo dende o Centro de Formación e Recursos de Santiago.

Unknown dijo...

http://www.ruidos.org/
Neste portal podedes atopar cousas sobre o ruído e a súa influencia nos humanos.
Comentarvos tamén que desde escoitar.org están dispostos a botarvos unha man no que se refire ao mapa sonoro do centro.
Saúdos e moito ánimo.