PROXECTO “BUGUINA”
CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
3.- Descrición do centro
4.- Situación e características
5.- Alumnado
6.- Profesorado
7.- Antecedentes educación en valores
8.- Deseño do proxecto
a) Xustificación
b) Obxectivos
c) Contidos
d) Proposta de módulo de
formación do profesorado
e) Descrición das actividades
f) Secuencia e temporalización
g) Metodoloxía de traballo
h) Plan de avaliación
i) Bibliografía
3.- DESCRICIÓN DO CENTRO
O CEIP A Igrexa-Calo é un centro de educación Infantil e Primaria situado no Concello de Teo, próximo a Santiago. É unha zona rural que está cambiando polas múltiples urbanizacións.
4.- SITUACIÓN E CARACTERÍSTICAS
O centro consta dun edificio principal onde se sitúan as aulas. O patio cuberto e o comedor escolar son edificacións individuais con teito propio que están anexadas ó edificio principal.
O edificio principal ten un deseño tal que as aulas dispoñen de xanelas en ámbolos dous lados.
As condicións acústicas das aulas son moi malas, no patio cuberto, e sobre todo no comedor escolar son “insoportables”. Un dos obxectivos primordiais deste proxecto precisamente é demandar as melloras necesarias para favorecer espacios apropiados ao noso contorno educativo.
5.- ALUMNADO
Educación Infantil Educación Primaria
Ed. Infantil, 3 anos | 21 | Ed. Primaria 1º | 42 |
Ed. Infantil, 4 anos | 19 | Ed. Primaria 2º | 34 |
Ed. Infantil, 5 anos | 24 | Ed. Primaria 3º | 34 |
Ed. Infantil, Mixta | 17 | Ed. Primaria 4º | 30 |
| | Ed. Primaria 5º | 35 |
| | Ed. Primaria 6º | 33 |
Total.......... | 81 | Total.......... | 208 |
| | | |
| TOTAL ALUMNOS/AS CENTRO | 289 |
É notorio que existen máis alumnos/as por aula nas primeiras idades, infantil e 1º ciclo de Primaria. Este dato fai supoñer que existe unha tendencia a incrementar a matrícula do centro, feito bastante previsible en función das novas construccións próximas.
As aulas son todas das mesmas dimensións
Do total de alumnos/as do centro son usuarios do comedor escolar un total de 252 alumnos/as, desde 3 anos ata 12 anos. Ë importante sinalar que o aforo total do comedor é de 200 alumnos/as polo que queda claro que esta dependencia está moi saturada.
Este centro non dispón de ningunha sala de usos múltiples, nin de espacio para albergar a biblioteca escolar. Polo tanto, a excepción das aulas e do comedor escolar non existe ningunha dependencia no edificio na que poidan estar os alumnos/as .
6.- PROFESORADO
O centro conta con dobre liña de Educación infantil e de Primaria. Están destinados no mesmo un total de 24 profesores, dos que 4 son profesores titores de educación infantil, 11 son profesores titores de educación primaria, 2 especialistas en inglés, 1 de educación física, 1 de educación física con titoría, 1 de música 1 de relixión, 1 orientador, 1 pedagoxía terapéutica, 1 Audición e linguaxe
A meirande parte dos profesores teñen destino definitivo, tan só 2 mestres/as teñen destino provisional. A idade media do profesorado é máis ben alta. O profesorado deste centro sempre destacou pola súa participación activa en diferentes programas de formación
7.- ANTECEDENTES EDUCACIÓN EN VALORES
A educación en valores é un aspecto do ensino que se ben tendo moi en conta neste centro desde fai tempo. Traballouse de xeito interno e en pequenos proxectos que tiveron pouca repercusión ata que no curso 2004-05 levamos a cabo un proxecto de educación viaria no que participou todo o centro e que se continuou tamén no curso 2005-06. Este proxecto foi premio de innovación educativa.
8.- DESEÑO DO PROXECTO
a) XUSTIFICACIÓN
Na actualidade, a contaminación acústica é un tema que nos afecta a todos sen darnos conta. Deterse a escoitar e valorar o ruído no noso contorno, recoñecer a importante lesión que o ruído supón na calidade da nosa vida é o punto de partida desta proposta para coñecer a problemática actual. (O ruído molesta, dificulta as conversas, dificulta a atención, provoca estres e pode provocar outros importantes problemas de saúde )
Por debaixo dos 45db non se perciben molestias, con sons de 55 db está afectada un 10% da poboación , e a partir de 85 db todos os seres humanos séntense afectados.
A contaminación acústica en xeral non é recoñecida facilmente, a deficiente formación social neste aspecto e algúns hábitos pouco axeitados están provocando nos nenos e nenas problemas importantes de audición e de atención, así como comportamentos que precisan toda a atención nas primeiras etapas educativas.
A partir da concienciación deste problema, trataremos de buscar solucións e actuar en consecuencia. Pensamos que a mellor maneira de atacar este problema é desde a parte máis básica do ensino.
b) OBXECTIVOS
q Crear un modelo de proxecto nun centro educativo que sirva de referente para que
outros centros poidan desenvolver tarefas semellantes
q Sensibilizar a toda a comunidade escolar co problema da contaminación acústica,
analizando o ruído no noso contorno e identificando a situación existente.
Favorecer que se tome conciencia da necesidade de protexer a nosa saúde.
Identificar as situacións de ruído como “contaminación acústica”
Identificar e rexistrar os momentos ruidosos na nosa vida cotiá.
Efectuar medicións mediante sonómetros para coñecer os niveis de ruído existentes nos
diferentes espacios do centro (aulas, comedor escolar, patio cuberto, pavillón...)
Elaborar mapas de ruídos cos datos obtidos.
Recoñecer o problema social provocado pola contaminación acústica
q Coñecer as partes e o funcionamento do noso sistema auditivo, recoñecendo os efectos negativos producidos polo ruído: molestias, perda de atención, estres, perda de audición...)
Proporcionarlle aos alumnos/as toda a formación posible sobre o noso sistema auditivo, o
seu funcionamento e os danos que o ruído nos pode causar.
Coñecer as características máis importantes dos sons (Intensidade, duración altura, timbre)
Identificar as formas en que pode afectarnos o ruído e as súas graves consecuencias.
Coñecer os efectos fisiolóxicos e psicolóxicos que provoca o ruído nos alumnos/as
Coñecer os efectos fisiolóxicos e psicolóxicos que provoca o ruído no profesorado.
Fomentar hábitos de hixiene e coidado do sistema auditivo.
Promover a realización de exploracións auditivas nos alumnos/as, implicando a persoal
médico e a familia.
q Descubrir formas de actuación que poidan mellorar a nosa calidade de vida con respecto ao contorno sonoro, promovendo actuacións e realizando actividades que potencien os hábitos axeitados. Implicar neste apartado a toda a comunidade escolar e ás institucións correspondentes
Educar aos alumnos/as para que sintan a necesidade de mellorar a súa calidade de vida.
Acadar estratexias de traballo que nos permitan protexer a nosa saúde dos ruídos.
Clasificar as situacións de ruído e artellar medidas para palialas no posible
Participar de xeito respectuoso en audicións, concertos ou charlas.
Favorecer a comunicación e as boas relacións entre os membros da comunidade.
Empregar tódolos recursos existentes na nosa sociedade, implicando ás institucións e aos
profesionais nas actividades programadas e nas tarefas didácticas propostas.
Ofertar un marco de traballo saudable, apropiado e seguro para toda a comunidade do noso
centro; solicitando as melloras que se estimen necesarias.
Elaborar deseños de espacios escolares tipo con condicións acústicas axeitadas, contando
coa axuda de persoal experimentado ( arquitectos)
Procurar realizar obras de acondicionamento acústico nos lugares que máis o precisen.
Promover campañas que demanden políticas e actitudes saudables.
Fomentar a participación e a implicación activa de toda a comunidade escolar na busca e
posta en marcha de solucións que melloren o noso contorno sonoro.
Promover cursos de formación para profesores sobre os coidados da voz
q Elaborar materiais educativos axeitados para desenvolver este proxecto con apoios documentados, empregando Novas Tecnoloxías.
Elaborar un blog ou páxina web sobre a contaminación acústica
Preparar proxectos Power point para explicacións de aula
Elaborar actividades en Jclic
Elaborar fichas de traballo relacionadas coas diferentes materias curriculares.
Crear un banco de recursos e documentación sobre a contaminación acústica.
c) CONTIDOS
Enmarcamos este traballo dentro dos proxectos Valora-Saúde, en concreto no apartado de saúde mental, pero o noso proxecto ten tamén interferencia moi clara nos comedores escolares e por suposto no apartado de medio ambiente. En realidade pensamos que a referencia máis clara sería “A saúde: mellora da nosa calidade de vida”.
- O ruído, contaminación acústica.
- O ruído no noso centro escolar.
- Principais fontes de contaminación acústica .
- Momentos e lugares de maior contaminación acústica no centro.
- Mapas de ruído do centro.
- A educación en valores, o respecto aos demais tamén no campo sonoro.
- A contaminación acústica no medio ambiente.
- O oído, o noso sistema auditivo.
- Características dos sons.
- Efectos do ruído na nosa saúde.
- A contaminación acústica na calidade e vida e na saúde física e psíquica.
- Coidados e hixiene do sistema auditivo.
- A comunicación e a relación entre os membros da comunidade.
- Capacidade de atención e escoita.
- Os recursos existentes; institucións, profesionais...
- Acondicionamento acústico dos espacios do centro.
- Deseño de espacios modelo con boas condicións acústicas.
- A modulación da voz, coidados da voz.
- Recursos didácticos sobre contaminación acústica.
d) PROPOSTA DE MÓDULO DE FORMACIÓN
PARA O PROFESORADO
Este proxecto de traballo resalta a importancia de sensibilizar e implicar aos alumnos/as con respecto á contaminación acústica como factor que ameaza a súa calidade de vida e a súa saúde. Sen embargo tamén é importante sinalar os tremendos efectos fisiolóxicos negativos que o ruído produce no profesorado, tanto a nivel auditivo como na voz. Por esta razón, consideramos necesario organizar un curso de formación sobre a voz e os seus coidados. Este curso de formación tería repercusión inmediata no profesorado, pero tamén no alumnado e en definitiva na mellora do contorno sonoro de centro.
e) DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES
¤ Realización de medicións con sonómetro dos diferentes espacios e momentos
¤ Potenciación da atención a través de audicións musicais
¤ Elaboración de mapas de ruídos do centro
¤ Realización dun rexistro de momentos e lugares ruidosos
¤ Participación en exposicións de arte confeccionando esculturas “ruidosas”
¤ Resolución de cuestionarios guiados consultando en páxinas web sinaladas
¤ Elaboración dunha carta a diferentes institucións solicitando o seu interese por este tema.
¤ Celebración de 1 minuto de silencio nun momento sinalado
( Por exemplo: tódolos días de 13:54 a 13:55 h.)
¤ Organización de concursos publicitarios sobre a contaminación acústica, con slogans,
debuxos, mascotas, composicións fotográficas, vídeo...
¤ Elaboración de contos empregando como personaxe central “a buguina”
¤ Publicación dun periódico no que se den novas sobre este tema.
¤ Deseño e promoción de cursos de formación para profesorado (coidados da voz...)
¤ Ambientación do centro para concienciar aos alumnos/as
¤ Realización de actividades informáticas
¤ Investigación en internet
¤ Elaboración de fichas de traballo de aula nas diferentes materias curriculares.
¤ Reducción dos ruídos nos desprazamentos polo centro
¤ Contactar con expertos da Consellería de Medio ambiente
¤ Colaboración con expertos no deseño de edificios (arquitectos)
¤ Elaboración dun deseño de espacio educativo modelo con boas condicións acústicas
¤ Organización de charlas e entrevistas con expertos (otorrinos, pediatras,...)
¤ Estudio das características do son
¤ Estudio do oído, as súas partes e o seu funcionamento
¤ Realizar pequenas experiencias de enmascaramento auditivo
¤ Experiencias de atención e estudio en silencio/con ruído
¤ Creación dun banco de recursos cos materiais didácticos empregados.
¤ Elaboración de presentacións power point para empregar nas explicacións e para a súa
difusión entre a comunidade educativa.
¤ Elaboración dun Blog ou páxina web sobre a contaminación acústica
¤ Creación dunha webquest sobre o son e a contaminación acústica
¤ Elaboración de actividades en soporte informático (Jclic, hot potatoes, ardora...)
¤ Visitas culturais, concertos, etc procurando participar con atención e respecto sonoro.
¤ Emprego da Música Funcional Planificada para fomentar ambientes sonoros agradables.
f) SECUENCIA E TEMPORALIZACIÓN
Este proxecto desenvolverase no curso escolar 2006-07, dándolle continuidade no próximo curso sempre que sexa posible. Ao comezo de curso planificamos todas as actividades e establecemos os contactos necesarios ( medio ambiente, saúde, cefore de Santiago...)
As medidas máis urxentes serán as de estudio da situación real facendo as medicións sonoras axeitadas, contando coa colaboración de expertos. De seguido, dedicaremos atención a informar e sensibilizar ós alumnos/as e demais membros da comunidade escolar, levando a cabo os traballos de observación e reflexión sobre a contaminación acústica.
A maioría das actividades que nos propoñemos faranse encadrar no discorrer normal do curso escolar, aproveitando os momentos programados no PXA: visitas didácticas, concertos, celebracións, actividades extraescolares...
Axustaremos pois a meirande parte das actividades ao ritmo escolar do centro, procurando que exista coherencia co programa escolar.
Unha parte importante do traballo desenvolverase desde as clases de educación musical, dada a evidente relación entre esta materia e o tema tratado. Sen embargo, organizaremos as actividades para que teñan un tratamento global.
A secuencia das actividades quedará estructurada sobre a base das respostas a estas preguntas.
1.- Sabías que somos o 2º país con maior contaminación acústica do mundo?
Podes recoñecer a gran cantidade de ruídos que nos rodea? Sentes molestias por ruído?
(Sensibilización)
2.- Sabes cales son os efectos negativos que a contaminación acústica produce na nosa saúde?
(Formación)
3.- Que podemos facer entre todos para mellorar esta situación?
(Como podemos colaborar activamente)
g) METODOLOXÍA DE TRABALLO
As características metodolóxicas que pretendemos son fundamentalmente as seguintes:
û Establecer contacto con especialistas que nos aporten a formación e cooperación necesarias
para que se traballe con un mínimo de rigor e sobre bases documentais sólidas.
û Implicar no proxecto a toda a comunidade educativa: profesorado, pais de alumnos/as, persoal non docente, e sobre todo alumnos/as.
û Empregar tódolos recursos ao noso alcance: medio ambiente, servicio de saúde, arquitectos,
profesorado especializado, novas tecnoloxías, experiencias dos pais/nais de alumnos...
û Procurar darlle sempre un caracter moi práctico a todo a traballo, buscando resultados reais.
h) PLAN DE AVALIACIÓN
Partiremos dunha avaliación inicial, fundamental para comprobar o grao de sensibilización existente, faremos as medicións e comprobacións necesarias para recoñecer a situación antes de comezar a desenvolver o proxecto. Empregaremos sonómetros, observacións directas e actividades de reflexión para que os alumnos/as e os demais membros da comunidade escolar comproben a situación.
Faremos as mesmas medicións ao rematar o curso escolar para comprobar as diferencias.
Elaboraremos pautas de seguimento e fichas de avaliación que empregaremos para comprobar a situación sonora e os progresos dos alumnos/as.ao finalizar o curso escolar.
Elaboraremos actividades en soporte informático para comprobar o nivel de coñecementos adquirido polos alumnos. A confección do banco de recursos, a memoria das actividades e a páxina web darán mostra do traballo de documentación e investigación
Para cada experiencia levada a cabo deseñaremos unha ficha de control de avaliación na que figuren os datosrelevantes, o grao de consecución de obxectivos e as conclusións finais.
Ao remate do curso faremos probas de avaliación final en diferentes soportes
i) BIBLIOGRAFÍA
Non citamos aquí ningunha lista de nomes de libros, traballaremos documentándonos a través de persoal experto, de institucións e asociacións coas que contactemos, e sobre todo mediante internet e as comunicacións en xeral. Mencionaremos a bibliografía empregada cando elaboremos a memoria correspondente.
PARTICIPANTES
Coordinadores :
PÉREZ REY | RAMÓN | | Ed. Musical |
VÁZQUEZ CASTRO | ANXOS Mª | Titora Ed. Infantil |
Participantes:
GEY PÉREZ | Mª ISABEL | Titora 1º | |
ORZA MADRIÑÁN | Mª CARMEN | Titora 1º | |
GUERRA FERNÁNDEZ | Mª EMILIA | Titor 6º | |
IGLESIAS VÁZQUEZ | LOURDES | Relixión | |
MACEIRA CALDELAS | RAMÓN | X. Estudios | |
MATO AGRAFOJO | LOURDES | Titora Ed. infantil | |
MELLA MALLO | SANTIAGO | Titor 4º | |
SÁNCHEZ GARCÍA | GLORIA | Audición e linguaxe | |
RODRÍGUEZ SEOANE | Mª JOSÉ | Titora 4º | |
ROUCO DÍAZ | SAMARITA | Titora 3º | |
SANLÉS MARTÍNEZ | JOSÉ | Director | |
MIRANDA GARCÍA | ANSELMO | Ed. Física |